Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25187

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (851/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 851/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Valentín Liñeiro Toba contra Caffe Vecchio, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña.

Sentenza: 260/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 851/2014.

Demandante: Valentín Liñeiro Toba.

Letrado: Sr. Pena Díaz.

Demandada: Caffe Vecchio, S.L.

(Sentenza 260/2015).

A Coruña, 1 de xuño de 2015.

Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Valentín Liñeiro Toba contra a empresa Caffe Vecchio, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no ordinal segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

A dita opción deberase exercer en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por esta, a cantidade de 4.544,22 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 42,87 euros/día.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de Reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que conste e sirva de notificación a Caffe Vecchio, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de xuño de 2015

A secretaria xudicial