Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25189

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1245/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1245/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Claudio César Priegue Figueiras contra Pezetace, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 259/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1245/2014.

Demandante: Claudio César Priegue Figueiras.

Letrado: Sr. Pena Díaz.

Demandada: Pezetace, S.L.

Fogasa.

A Coruña, 1 de xuño de 2015.

Resolución.

Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Claudio César Priegue Filgueiras fronte á empresa Pezetace, S.L. ao concorrer a excepción de caducidade da acción e, en consecuencia, absolvo esta de todos os pedimentos formulados fronte a ela.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e firmo, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Pezetace, S.L., en paradoiro ignorado, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de xuño de 2015

A secretaria xudicial