Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25191

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (825/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 825/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Ferreño Diéguez contra o Fondo de Garantía Salarial, Gecreri, S.L. Azetanet Consultoría y Formación, sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 134/2015.

Decisión:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Cristina Ferreño Diéguez fronte á empresa Gecreri, S.L. Azetanet Consultoría y Formación e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, por elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 379,50 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 5,75 euros/día.

3º. Estimo a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Cristina Ferreño Diéguez fronte á empresa Gecreri, S.L. Azetanet Consultoría y Formación e, en consecuencia, condena esta a aboar á primeira a suma de 709,23 euros, así como o xuro do 10 % da devandita cantidade en concepto de salarios debidos.

4º. Condeno a empresa demandada a aboar á traballadora a cantidade de 86,25 euros en concepto de prazo de aviso previo ao despedimento obxectivo non concedido.

5º. O Fogasa deberá de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que, contra ela, se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causas seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Gecreri, S.L.; Azetanet Consultoría y Formación, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 9 de marzo de 2015

A secretaria xudicial