Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25184

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (803/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 803/2012 por instancia de Víctor Ángel Fernández Rodríguez contra Marineda Ruta 63, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 17 de abril de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

1. Estímase a demanda formulada por Víctor Ángel Fernández Rodríguez contra Sirelia, S.L., e en consecuencia:

Condénase a empresa Sirelia, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de dous mil novecentos cincuenta e oito con dez euros (2.958,10 euros). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Todo isto con imposición á parte demandada das custas procesuais causadas, incluídos os honorarios do letrado ata o límite de seiscentos euros.

2. Absólvese a codemandada Marineda Ruta 63, S.L. das pretensións exercidas contra ela.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Así o acorda, manda e asina María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sirelia, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de xuño de 2015

A secretaria xudicial