Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25182

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (17/2014).

Álvaro Garrido Rodríguez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de demanda de ordinario seguido por instancia de José Antonio González Carrera fronte a herdanza xacente de Manuel Parente Parente, José Parente Parente, María Parente Parente, Julia Parente Parente ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 249/2014.

Vistos por min, Luis Doval Pérez, maxistrado titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Ourense e o seu partido, no día de hoxe 3 de decembro de 2014, os presentes autos de xuízo ordinario número 17/2013 seguidos neste xulgado por instancia de José Antonio González Carrera, representado pola procuradora Sra. Garrido Vázquez e asistido polo letrado Sr. Bermúdez Fernández, contra herdanza xacente de Manuel Parente, José Parente Parente, María Parente Parente e Julia Parente Parente, en situación de rebeldía procesual».

«Decido:

Que estimando a demanda interposta pola procuradora Sra. Garrido Vázquez en nome e representación de José Antonio González Carrera contra herdanza xacente de Manuel Parente, José Parente Parente, María Parente Parente e Julia Parente Parente, declaro que o terreo inscrito no Rexistro da Propiedade de Allariz (Ourense), ao tomo 285, libro 44, folio 185, terreo rexistral número 6.886, a nome de Manuel, José, María e Julia Parente Parente nunha cuarta parte indivisa cada un, terreo rústico número 118 do polígono 1, ao sitio de Criveiro, que linda, norte cos terreos números 117 e 119 de José Rodríguez Mojón e outra e Dolores García Gómez; sur, camiños; leste, co terreo 117; e oeste, con camiño e o terreo número 119, dunha extensión superficial de cincuenta e un áreas e corenta centiáreas, das que corenta e oito áreas e cinco centiáreas son de secaño e dúas áreas noventa e cinco centiáreas son de regadío, sobre a que existe unha casa de planta alta e baixa duns 99 m2 por planta de superficie construída, foi adquirida polo defunto Manuel González Parente por contrato de permuta realizado a través de documento privado con data do 24 de febreiro de 1977, sendo actualmente propietario desta en virtude de herdanza o demandante José Antonio González Parente, constituíndo título bastante para a súa inscrición no Rexistro da Propiedade.

Tramítense os mandamentos oportunos ao Rexistro da Propiedade de Allariz para levar a cabo as inscricións oportunas».

E encontrándose os devanditos demandados herdanza xacente de Manuel Parente Parente, José Parente Parente, María Parente Parente, Julia Parente Parente, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 7 de abril de 2015

O secretario xudicial