Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25034

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (843/2014).

Procedemento ordinario 843/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Víctor Manuel Teijeiro Capelán

Avogada: Fátima María Santiáñez Mosquera

Demandados: Nieto Ares, S.L., Proximar, S.L., Frigoríficos Sete Pías, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 843/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Manuel Teijeiro Capelán contra Nieto Ares, S.L., Proximar, S.L., Frigoríficos Sete Pías, S.L., reclamación de cantidade, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

Tense por desistido a Víctor Manuel Teijeiro Capelán na reclamación de cantidade exercida fronte ás entidades Nieto Ares, S.L. e Frigoríficos Siete Pías, S.L.

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Víctor Manuel Teijeiro Capelán contra a entidade Proximar, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Proximar, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.600 € líquidos por salarios devindicados en decembro de 2013 e xaneiro de 2014 (ambos os dous inclusive), incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe interpor recurso ningún. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Nieto Ares, S.L. e Frigoríficos Sete Pías, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xuño de 2015

A secretaria xudicial