Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25035

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (688/2014).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 688/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Freiría Lorenzo e José Luis Lores Portela contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Tipstone, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta.

Resolvo:

Que estimo a demanda interposta por Manuel Freiría Lorenzo e José Luis Lores Portela contra a empresa Tipstone, S.L., e condeno a demandada a que, de forma solidaria, lles aboe a aqueles as seguintes cantidades: a Manuel Freiría Lorenzo 9.904,05 euros e a José Luis Lores Portela 8.566,22 euros.

Co incremento do 10 % respecto dos conceptos reclamados que teñen natureza salarial ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

Con intervención do Fogasa.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que se deberá anunciar dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto desta cidade, baixo a denominación Depósitos e consignacións, co número 5081, especificando a clave 65 ao se tratar dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar, no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada a cantidade obxecto de condena, ben que se pode proceder a asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Tipstone, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 1 de xuño de 2015

A secretaria xudicial