Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25032

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (435/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 435/2013 por instancia de José Manuel Polvillo Lara, Carmen Blanco Lapido, Liliana Costa Caamaño e Elba Castro Rodríguez contra Hotel El Hórreo, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 14 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por José Manuel Polvillo Lara, Carmen Blanco Lapido, Liliana Costa Caamaño e Elba Castro Rodríguez contra a empresa Hotel El Hórreo, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

Condénase a empresa Hotel El Hórreo, S.A. a lles aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A José Manuel Polvillo Lara a cantidade de 5.644,35 euros.

• A Carmen Blanco Lapido a cantidade de 4.462,61 euros.

• A Liliana Costa Caamaño a cantidade de 8.631,45 euros.

• A Elba Castro Rodríguez a cantidade de 7.229,10 euros.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo do cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa El Hórreo, S. A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de xuño de 2015

A secretaria xudicial