Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25030

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (900/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 900/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jaime Iglesias Rey contra a empresa Alfa Instant, S.A., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

Sentenza.

A Coruña, vinte e catro de abril de dous mil quince.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 900/2014, sendo parte nel, dun lado, como demandante Carlos Jaime Iglesias Rey, asistido pola letrada Elba Mosquera Vaamonde, e como demandado Alfa Instant, S.A., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decisión:

Que, considerando a demanda interposta por Carlos Jaime Iglesias Rey contra a empresa Alfa Instant, S.A., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 31.582,95 €. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden a 85,94 euros/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante creditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Alfa Instant, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xuño de 2015

A secretaria xudicial