Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25041

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 318/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 318/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Filomena Fariñas Villar contra Limpiezas El Polígono, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou sentenza número 189 cuxos encabezamento e resolucíon son do teor literal:

Sentenza:

En Santiago de Compostela, 28 de maio de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos número 318/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Filomena Fariñas Villar, asistida pola letrada Rosa Vila Amarelle contra Limpiezas El Polígono, S.L., que non comparece, foi citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a presente sentenza.

(…)

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Limpiezas El Polígono, S.L. a aboar á demandante 1.774,64 euros, importe que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno ao Fogasa a aterse a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada-xuíza.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtaselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2015

A secretaria xudicial