Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/15-2, 8152 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: Promociones Innovalugo, S.L.

Domicilio social: avenida Alcalde Anxo López Pérez, 10, entresollado, 27002 Lugo.

Denominación: LMT e CT de 400 kVA 230/400-20 KV con cesión á compañía subministradora para subministración a edificios de vivendas.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• CT en edificio non prefabricado, situado na r/ Mar Cantábrico, nº 23-31, cunha potencia proxectada de 400 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

• Canalización proxectada (obra civil) con orixe nunha arqueta existente propiedade de BEGASA, situada diante do número 26 da r/ Mar Cantábrico, e final nunha arqueta nova diante do edificio 23-31 formada por dous tubos de 160 mm e un de 63 mm, cunha lonxitude de 45 metros. Proxéctase tamén una canalización con seis tubos de 160 mm e un de 63 mm con orixe na arqueta situada diante no nº 23-31, a cal discorre paralela á beirarrúa e remata diante do número 26 da r/ Mar Cantábrico.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 5 de setembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo