Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24712

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (827/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 827/2012 por instancia de María Elida Quintela Rodríguez contra a empresa Textil Locer, S.L., a empresa Glencare, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 22 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por María Elida Quintela Rodríguez contra Textil Locer, S.L. e Glencare, S.A. e, en consecuencia:

– Condénase as empresa Textil Locer, S.L. e Glencare, S.A. a lle aboar solidariamente á demandante a cantidade de 1.701 euros máis o 10 % en concepto de xuro de demora.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Así o acorda, manda e asina María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Textil Locer, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2015

A secretaria xudicial