Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 19 de xuño de 2015 Páx. 24713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (939/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 939/2012, por instancia de Elisabeth Camilo Amirr contra a empresa Mesón O Noso Lar, sobre cantidade, en que recaeu sentenza do 18 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Elisabeth Camilo Amirr contra a entidade Mesón O Noso Lar e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Mesón O Noso Lar a aboar á demandante a cantidade de seiscentos cincuenta e sete euros con corenta e seis céntimos (657,46 euros). Os conceptos salariais devindicando ditas cantidades os xuros moratorios do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Mesón O Noso Lar, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de maio de 2015

A secretaria xudicial