Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24539

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (962/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 962/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Pena García contra Alfa Instant, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 3

A Coruña

Reforzo

Sentenza: 224/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 962/2014

Demandante: Juan Carlos Pena García

Letrado: Sra. Mosquera Vaamonde

Demandado: Alfa Instant, S.A.

Letrado:

Fogasa

Letrada: Sra. Prósper Montalvo

Sentenza nº 224/2015

A Coruña, 25 de maio de 2015.

Resolvo.

1º. Desestimar a demanda sobre despedimento formulada por Juan Carlos Pena García contra a empresa Alfa Instant, S.A., por considerar caducada a acción exercida e, en consecuencia, absolvo a demandada de todos os pedimentos formulados contra ela.

2º. Estimo a acción subsidiaria de reclamación de cantidade e condeno a empresa demandada a aboar ao traballador demandante a suma de 10.127,48 euros en concepto de indemnización polo despedimento obxectivo sufrido o día 31 de xullo de 2014.

3º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo do Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de maio de 2015

A secretaria xudicial