Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 18 de xuño de 2015 Páx. 24537

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1105/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1105/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael Iglesias Grande contra La Gloria de Antón, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña.

Sentenza: 225/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1105/2014.

Demandante: Rafael Iglesias Grande.

Letrado: Sr. Barros Rodríguez.

Demandado:

La Gloria de Antón, S.L.

Fogasa.

(Sentenza 225/2015).

A Coruña, 25 de maio de 2015.

Resolvo:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Rafael Iglesias Grande contra a empresa La Gloria de Antón, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo isto con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número dous desta resolución.

2. A indemnización que deberán aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 12.168,40 euros.

3. Estimo a pretensión sobre reclamación de cantidade formulada por Rafael Iglesias Grande contra a empresa La Gloria de Antón, S.L., e, en consecuencia, condeno esta a lle aboar ao demandante a suma de 17.639,34 euros en concepto de salarios devindicados e non satisfeitos.

4. O Fogasa deberase ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño seu neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que conste e sirva de notificación a La Gloria de Antón, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 25 de maio de 2015

A secretaria xudicial