Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24123

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1030/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1030/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Vieites Suárez contra Copcisa, S.A., UTE Lavacolla, Construcciones Lorenzo Cao, S.L., UTE Corsan Corvian Construcción, S.A., Tecnología de las Construcciones, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza número 62 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Número de autos: procedemento ordinario 1030/2012.

Demandante: Ángel Vieites Suárez.

Demandados: Copcisa, S.A., UTE Lavacolla, Construcciones Lorenzo Cao, S.L., UTE Corsan Corvian Construcción, S.A., Tecnología de las Construcciones, S.A., Fondo de Garantía Salarial.

Santiago, 29 de xaneiro do ano 2014.

José María Fernández Abella, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por Ángel Vieitez Suárez, asistido da letrada Sra. Vila Amarelle, contra a empresa Construcciones López Cao, S.L., Copcisa, Corsan-Corvian, S.A., contra o Fogasa, contra o administrador concursal de Construcciones López Cao, S.L., todos eles incomparecidos no acto de xuízo malia seren citados en forma, e contra UTE Lavacolla, asistida polo Sr. Naveira Couceiro, pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Sentenza.

(…)

Decido:

Que, estimando a demanda promovida por Ángel Vieitez Suárez contra a empresa Construcciones López Cao, S.L. e o seu administrador concursal Marcos Fernández Delgado, contra o Fogasa e contra a UTE Lavacolla, debo condenar e condeno as codemandadas, solidariamente, ao aboamento da cantidade de 4.498,67 euros, cantidade da cal debe responder, solidariamente, a UTE Lavacolla na cantidade de 2.908,02 euros, cantidade que se incrementará co xuro por mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Lorenzo Cao, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2015

A secretaria xudicial