Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 17 de xuño de 2015 Páx. 24125

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4065/2015 e catro máis, contra a Orde do 14 de novembro de 2014 que aproba definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal de Ribadeo (Lugo).

Nesta secretaría xeral recibiuse o escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación cos recursos contencioso-administrativos números P.O. 4065/2015, interposto por Ismael Lastra Lodos; P.O. 4064/2015, interposto por Dolores Alonso García; P.O. 4074/2015, interposto por Primera Calidad Promoción de Viviendas, S.L.; P.O. 4070/2015, interposto por Isabel Rodríguez Lastra E Isabel Lastra Fernández, e P.O. 4073/2015, interposto por José Pulpeiro Doval-Os Galopiños, S.L contra a Orde do 14 de novembro de 2014 que aproba definitivamente o PXOM de Ribadeo (Lugo).

Para os efectos de cumprir co solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 5 de xuño de 2015.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que podan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral Técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas