Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23537

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (127/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 127/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Vidal Buján contra Estaleiros do Norte Embarcaçoes Profissionais e Desportivas LDA, Tian Boats, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza nº 177 cuxo encabezamento e ditame son do teor literal:

«Sentenza

En Santiago de Compostela, 21 de maio de 2015

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 127/2015 acumulado nº 128/2015, seguidos por instancia de Francisco Javier Vidal Buján, representado polo letrado Sr. Pérez Barreiro, contra a entidade Tian Boats, S.L., Estaleiros do Norte Embarcaçoes Profissionais e Deportivas LDA, e Fogasa, que non comparecen pese a estar debidamente citados, con intervención do ministerio fiscal; sobre resolución de contrato, reclamación de cantidade e despedimento.

(…)

Resolvo

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por instancia de Francisco Javier Vidal Buján, representado polo letrado Sr. Pérez Barreiro, contra a entidade Tian Boats, S.L., Estaleiros do Norte Embarcaçoes Profissionais e Deportivas LDA, e Fogasa, que non comparecen pese a estar debidamente citados, con intervención do ministerio fiscal; sobre resolución de contrato, reclamación de cantidade e despedimento e, en consecuencia:

– Declaro a improcedencia do despedimento do demandante pola entidade Tian Boats, S.L.

– Declaro extinguida a relación laboral que unía as partes na data da presente resolución.

– Condeno as entidades demandadas a que aboen solidariamente ao demandante a suma de 12.431,54 euros en concepto de indemnización.

– Condeno as entidades demandadas a que aboen solidariamente ao demandante a suma de 40.000 euros en concepto de cantidades debidas, cantidade que se verá incrementada no 10 % en concepto de xuros de mora.

– Os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 205,48 €/día, o que dá a cantidade de 28.767,2 euros (cantidade computada desde xaneiro de 2015, toda vez que en demanda reclama a mensualidade íntegra de decembro de 2014 e así se recoñece).

Debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación al libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tian Boats, S.L. e Estaleiros do Norte Embarcaçoes Profissionais e Desportivas, LDA, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

A secretaria xudicial