Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: 2015-SUEI 07-08/AMP.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21841
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de subministración.
b) Descrición: subministración de vehículos e motocicletas destinados aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que conten con corpo de policía local (dous lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.
c) División por lotes e número de lotes: dous.
Lote 1. Adquisición de 50 vehículos tipo turismo.
Lote 2. Adquisición de 26 motocicletas tipo trail.
d) CPV: 34100000-8, 3441000-4.
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE); Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).
f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE nº 2015/S 001-000334, do 2 de xaneiro de 2015; BOE nº 12, do 14 de xaneiro e DOG nº 13, do 21 de xaneiro.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto harmonizado.
4. Valor estimado do contrato: 884.297,52 €.
5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 884.297,52 €.
Importe total: 1.070.000,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:
Lote 1. Importe sen IVE: 723.140,50 €. Importe IVE (21 %): 151.859,50 €. Total: 875.000,00 €.
Lote 2. Importe sen IVE: 161.157,02 €. Importe IVE (21 %): 33.842,98 €. Total: 195.000,00 €.
6. Formalización do contrato.
Lote 1. Adquisición de 50 vehículos tipo turismo.
a) Data de adxudicación: 1 de abril de 2015.
b) Data de formalización do contrato: 4 de maio de 2015.
c) Contratista: Gadauto, S.A.
d) Importe de adxudicación. Importe neto: 671.000,00 €. Importe total: 811.910,00 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.
Lote 2. Adquisición de 26 motocicletas tipo trail.
a) Declarado deserto por Resolución do 26 de marzo de 2015.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2015
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza