Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23530

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (236/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución 236/2014, seguidos neste xulgado, sobre reclamación de cantidade, por instancia de Armando Martínez Dosil, contra Comunicación Integral Galega, S.L., en reclamación de 12.078,70 euros de principal, máis 1.527 euros que se calculan para xuros, gastos e custas, se acordou, por resolución do día da data, sacar a pública poxa polo prazo de vinte días os bens embargados á parte executada, que logo se indicarán, e sinalar para a realización da poxa o día 14 de xullo de 2015, ás 13.00 horas, na planta 2ª do edificio dos xulgados, sita na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela, que se rexerá polas seguintes condicións:

A) Que os licitadores, coa excepción do executante, para tomaren parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, referencia número 5076-0000-64-0236 14, no Banco Santander, o 5 % do valor do vehículo para efectos de poxa. As cantidades devolveránselles, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, excepto ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consignar o resto do prezo. Deberá consignar, así mesmo, no dito xustificante se, de ser o caso, recibiu en todo ou en parte cantidades dun terceiro.

B) Que se poderán facer ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facéndose o depósito a que se fixo mención anteriormente, cuxos sobres serán abertos ao inicio da poxa e producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

C) O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores e poderá mellorar as ofertas que se fagan, sen necesidade de consignar ningunha cantidade.

D) Que se poderán facer ofertas superiores ao 70 % do valor do vehículo para efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

E) Para o caso de que se fagan ofertas e non superen o 50 % do valor de taxación ou que non cubran, polo menos, a cantidade pola cal se despachase execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

F) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

G) A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación do ben que se poxa estarán de manifesto na secretaría deste xulgado.

H) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

I) As cargas ou gravames anteriores, de os haber, ao crédito do demandante continuarán subsistentes e, polo só feito de participar na poxa, o licitador admíteos e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicar ao seu favor.

J) O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado e publicarase no DOG e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existentes e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto servirá, ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación ás partes para todos os efectos.

Bens obxecto de poxa

1º. Vehículo matrícula 6376GSL, marca Ford, modelo Mondeo, tipo turismo, con data de matriculación 22/12/2009.

Taxación para poxa: 8.400 euros.

O vehículo está depositado no depósito municipal de Santiago de Compostela, sito en Amio, s/n.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

A secretaria xudicial