Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23528

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (130/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 130/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mónica Rivera Antelo contra a empresa Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard Santiago, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que estimando integramente a demanda interposta por Mónica Rivera Antelo, contra Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., e Districard Santiago, S.L., debo condenar e condeno as mercantís demandadas a que lle aboen solidariamente á demandante a suma de 7.603,60 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercado Tropical, S.L,, a Kilo Grill, S.L., e a Districard Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015

A secretaria xudicial