Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23532

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (66/2015).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 66/15, por instancia de Beatriz Roo Rodríguez, contra a executada Servanza, S.L., Natalia Piñeiro Silva, Sandra Piñeiro Silva, Carlos Piñeiro Silva, sobre reclamación de cantidade, dictouse o día 22 de maio de 2015 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado, en situación de insolvencia total, por importe de 2.470,80 euros de principal, máis 306,65 euros en concepto de xuros de mora, máis 277,74 euros que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

A secretaria xudicial