Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23050

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (2827/2013).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Primeira do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2827/2013 desta sección, seguido por instancia de José Luis Peña Martínez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Javier Sueiro, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Decido que con desestimación do recurso interposto por José Luis Peña Martínez, confirmamos a sentenza que con data 5.4.2013 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 dos de Ourense, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu ao Instituto Nacional da Seguridade Social, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Galega e a empresa Construcciones Javier Sueiro, S.L.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construciones Javier Sueiro S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 14 de maio de 2015

A secretaria xudicial