Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23052

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Porriño

EDICTO (116/2014).

Lucía García González, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 do Porriño, fago saber que nos autos de divorcio 116/2014, se ditou a resolución que se reproduce a continuación:

«Sentenza.

O Porriño, 2 de marzo de 2015.

Vistos por Lorena Fernández Márquez, xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 do Porriño, os presentes autos de divorcio contencioso 116/2014 seguido por instancia de Cristina Pérez Mira, representada pola procuradora dos tribunais Sra. de Miguel González e dirixida polo letrado Sr. Cuesta Conde, fronte a José María Mira Cruz, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

(Antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido.

Con estimación da demanda interposta por Cristina Pérez Mira fronte a José María Mira Cruz, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado pola demandante e o demandando, inscrito no Rexistro Civil de Almonte (Huelva), con disolución do réxime económico matrimonial e demais efectos legais inherentes á devandita declaración, rexéndose o divorcio polas seguintes medidas:

1. Atribúese a garda e custodia do fillo menor, Daniel, á nai, sendo a patria potestade exercida de forma exclusiva pola nai.

2. Establécese o seguinte réxime de visitas a favor do proxenitor non custodio: o pai poderá estar en compañía do seu fillo unha tarde cada dúas semanas, durante tres horas, e sempre que llo comunique á nai ou ao fillo cunha antelación mínima de 24 horas.

3. Establécese unha pensión de alimentos a favor do fillo menor de 251,70 euros, cantidade anualmente actualizable conforme as variacións que experimente o IPC, e que o pai ingresará, dentro dos dez (10) primeiros días de cada mes, na conta que designe a nai.

4. Os gastos extraordinarios que xere o fillo menor serán sufragados ao 50 % por ambos os dous proxenitores, logo de comunicación e xustificación por parte do proxenitor custodio. Enténdese por gastos extraordinarios aqueles que, sendo necesarios ou convenientes para os fillos, sexan excepcionais (non habituais ou ordinarios), imprevisibles e faltos de periodicidade. Para que sexa esixible o pagamento de gastos extraordinarios, na proporción correspondente, por un proxenitor ao outro, deberá mediar logo de consulta do proxenitor que proxecte realizar o gasto ao outro proxenitor, e prestación por este do oportuno consentimento ou, no seu defecto, autorización xudicial. Pero quedan exceptuados deste réxime de consulta previa os gastos sanitarios necesarios de carácter urxente que non estean cubertos polo sistema público sanitario de previsión da Seguridade Social ou calquera outro sistema de previsión concertado polos proxenitores; e tamén aqueles respecto dos cales os proxenitores pactaron teñan a consideración de «extraordinario».

Non procede facer expresa imposición de custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que resolverá a Audiencia Provincial de Pontevedra e que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte (20) días contado desde a notificación da presente resolución.

Expídase e únase certificado desta sentenza ás actuacións, levando o orixinal ao libro de sentenzas.

Así, por esta sentenza, o pronuncia, manda e asina Lorena Fernández Márquez, xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 do Porriño e o seu partido.

E para que conste e produza os efectos oportunos de notificación ao demandado en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.

O Porriño, 9 de abril de 2015

A secretaria xudicial