Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23048

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2228/2013).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 2228/2013 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Romero Martínez, Navantia, S.A., Izar Construcciones Navales, S.A. contra Tuversa José Vázquez, S.L. sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante José Manuel Romero Martínez, así como o formulado polas empresas demandadas Navantia S.A. e Izar Construcciones Navales, S.A., en liquidación, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, con data do 28 de novembro de 2012, nos presentes autos 356/2012, tramitados por instancia do referido demandante –tamén recorrente–, fronte ás demandadas Izar Construcciones Navales en liquidación, S.A., Navantia, S.A., Tuversa José Vázquez, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza, con imposición ás dúas mercantís recorrentes das custas causadas polos seus recursos que incluirán, en total, a cantidade de 1000 euros (500 euros que deberá aboar cada unha) en concepto de honorarios da letrada da parte impugnante.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tuversa José Vázquez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2015

A secretaria xudicial