Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Santiso (expediente IN407A 2009/267-1).

Expediente: IN407A 2009/267-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado I LMT, CT, RBT Pena-Pedreira.

Concello: Santiso.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Pedreira a 15 kV, cunha lonxitude de 640 m, con orixe no apoio existente en LMT MEL-704, condutor tipo RHZ1-12/20 kV-3×240 Al, e final no CT Pedreira proxectado.

Centro de transformación prefabricado Pedreira, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/300-230 kV.

Liña de baixa tensión aérea do CT Pedreira, cunha lonxitude de 1.001 m, con orixe na RBT subterránea de CT Pedreira, condutor tipo RZ, e apoios de formigón.

Rede de baixa tensión subterránea do CT Pedreira, cunha lonxitude de 330 m, con orixe no CT Pedreira, condutor tipo XZ1.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 19 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2009/267-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado I LMT, CT, RBT Pena-Pedreira.

Concello: Santiso.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Afeccións

Superficie solo afectada

m2

1

Zarra de Arroba

Monte alto

Hros. Vicente Sangiao Fernández

Paso aerosubterráneo

9.0

2

O Coto

Monte baixo

Consellería Medio Rural e do Mar-D.X. Estrut. Infraest. Agrarias

Centro transformación + acceso + apoio baixa tensión

33.0