Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cartelle (expediente IN407A 2015/31-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: recuamento LMT, CT, Nogueiró.

Situación: Cartelle.

Características técnicas:

LMT subterránea 20 kV de 40 m de lonxitude, con condutor RHZ1-12/20 kV-3×150 Al e con orixe na LMT ao CT Nogueiró (expediente 3588 AT) e remate no CT proxectado rural prefabricado Nogueiró de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 41.346,32 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 19 de maio de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense