Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 11 de xuño de 2015 Páx. 23063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/133-1).

Expediente: IN407A 2015/133-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC, RBT Liñares.

Concello: Ferrol.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada a 15 KV, cunha lonxitude de 1.195 m, con orixe no paso aerosubterráneo en apoio de formigón existente nº 64-1 da LMTA a CT Brión (expediente 7.306), condutor tipo RHZ1-12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no centro de transformación Liñares (proxectado).

Centro de transformación prefabricado Liñares, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña