Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22410

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (418/2013).

Ferrol, 6 de novembro de 2013.

Vistos por min, Mónica Ferreiro Quintas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, estes autos do xuízo verbal en reclamación de alimentos 418/2013 seguidos ante este xulgado por instancia de María Alejandra Corral Ríos, representada pola procuradora Sra. Díaz Gallego e asistida pola letrada Sra. Vázquez Dopico, contra Rui Felipe Chainho Gonzalvez, en rebeldía; coa intervención do Ministerio Fiscal.

Resolvo que, estimando a demanda de reclamación de alimentos interposta por María Alejandra Corral Ríos, representada pola procuradora Sra. Díaz Gallego, contra Rui Felipe Chainho Gonzalves, en rebeldía, debo declarar e declaro a obriga do demandado, Rui Felipe Chainho Gonzalves, de aboar en concepto de pensión de alimentos a favor dos seus tres fillos (Isabela, Filipe Rui e Ariadna Chainho Corral) a cantidade de 150 euros (50 euros por cada fillo) mensuais que se pagarán dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que designe a nai, cantidade que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o IPC que publique o INE ou organismo oficial que o poida substituír, máis a metade dos gastos extraordinarios, respecto dos cales convén precisar que por tales se entenderán os que son puntuais, excepcionais ou imprevisibles ou que non se produce con certa periodicidade, como, por exemplo, os gastos médico-farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social. E, en calquera caso, os gastos extraordinarios deben ser decididos polos dous proxenitores e logo de consentimento do non custodio, a non ser que respondan a situacións de urxente necesidade. Neste suposto, e na falta de acordo, poden ser autorizados xudicialmente.

Sen expreso pronunciamento en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación, no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para o cal se deberá ter en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíza que a subscribe, que estaba a celebrar audiencia no día da súa data. Do que dou fe.