Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 9 de xuño de 2015 Páx. 22412

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (499/2013-I).

Álvaro Rodríguez Garrido, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento ordinario seguido por instancia de Lorenzo Pato Hermanos, S.A. fronte a Amapa Grupo Residencial 2010, Antonio Nieto Fariñas, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Luis Doval Pérez, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense e o seu partido, no día de hoxe 23 de marzo de 2015, os presentes autos de xuízo ordinario 499/2013, seguidos neste xulgado por instancia da entidade Lorenzo Pate y Hnos., S.A. Cafés Lisboa, representada pola procuradora Lourdes Lorenzo Ribagorda e asistida pola letrada Concepción Gómez Pérez-Selas, contra Antonio Nieto Fariñas e Amapa Grupo Residencial 2010, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Decido

Que estimando substancialmente a demanda interposta pola procuradora Lourdes Lorenzo Ribagorda, en nome e representación de Lorenzo Pato y Hnos., S.A. Cafés Lisboa, contra Antonio Nieto Fariñas e Amapa Grupo Residencial 2010, S.L., declaro a resolución dos contratos de 16 e 21 de novembro de 2012 subscrito polas partes, e condeno de forma solidaria os demandados ao pagamento da suma de seis mil setecentos corenta e sete euros con corenta e seis céntimos (6.747, 46 €), incrementada cos xuros legais devindicados desde o 10 de maio de 2013, e con expresa imposición das custas procesuais.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense. O recurso interporase por escrito ante este xulgado no prazo dos 20 días seguintes á súa notificación».

E encontrándose o dito demandado, Amapa Grupo Residencial 2010, S.L., Antonio Nieto Fariñas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 21 de abril de 2015

O secretario xudicial