Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21983

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (244/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 244/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Catalina Maroño Sande contra Limpiezas El Polígono, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou sentenza número 166, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 244/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Catalina Maroño Sande, asistida e representada pola letrada Rosa Vila Amarelle contra Limpiezas El Polígono, S.L., que non comparece, e Fogasa, que non comparece, ditou a seguinte sentenza.

(…)

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Catalina Maroño Sande contra Limpiezas El Polígono, S.L., e condeno a esta última a aboar á demandante 461,05 euros, importe que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non poden interpor recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas, e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015

A secretaria xudicial