Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21982

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SS 828/2013).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 828/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Rodríguez Agrafojo contra o Servizo Público de Emprego Estatal, Neo Energy Solutions Europe, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., Servicios de Ingeniería y Montajes Alen, S.L., sobre Seguridade Social, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que desestimando a demanda formulada polo demandante contra o Servizo Público de Emprego, Neo Energy Solutions Europe, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L. e Servicios de Ingeniería y Montajes Alen, S.L., debo absolver as demandadas das pretensións deducidas contra elas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contando desde a súa notificación e conforme os artigos 188 e seguintes da L.P.L., pasados os cales a sentenza quedará firme en dereito e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Neo Energy Solutions Europe, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L. e Servizos de Ingeniería y Montajes Alen, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2015

A secretaria xudicial