Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21714

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra

EDICTO (242/2012).

Procedemento: procedemento ordinario 242/2012-P

Sobre: sociedades

De: Hilti Española, S.A.

Procurador: Francisco Javier Almon Cerdeira

Letrado: Luis Fonseca Herrero González

Contra: Marcelo Eduardo Aguirre Rodríguez

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza 148/2014.

Pontevedra, vinte e seis de novembro de dous mil catorce.

Decisión:

Que estimando integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Francisco Javier Almon Cerdeira, en nome e representación da sociedade mercantil Hilti Española, S.L., debo condenar e condeno a Marcelo Eduardo Aguirre Rodríguez a aboarlle a Hilti Española, S.L. a cantidade de 6.050 euros máis os xuros por mora, desde a interposición da demanda ata o efectivo pagamento desta. Así mesmo, deberá aboar os xuros legais desde a data da sentenza, incrementados en dous puntos.

Con imposición das custas causadas aos demandados.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá interporse no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación ante este mesmo xulgado conforme o disposto nos artigos 457 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

De conformidade coa disposición 15.4 da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro de 2009, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, será requisito necesario para recorrer en apelación constituír un depósito de 50 euros, que se consignará na conta de depósitos e consignacións deste xulgado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas, e quedará testemuño desta nestes autos.

Así o acorda, manda e asina Rosa Lama Marra, maxistrada xuíza do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe, estando realizando audiencia pública no día da súa data, do cal eu, o secretario, dou fe.

E como consecuencia da imposibilidade de notificación ao demandado Marcelino Eduardo Aguirre Rodríguez, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2015

O secretario xudicial