Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21713

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (9/2015).

Eu, Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial, polo presente fago constar que nesta sección terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, se tramita recurso de apelación (LACN) 9/2015 (dimanante de procedemento ordinario nº 1079/13 do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra), sendo apelante Jimena Alvisua Costa e apelados Ricardo Prugnoli Cobas e o Ministerio Fiscal, nos que, con data do 6 de marzo de 2015, se ditou sentenza estimando o recurso de apelación, cuxo texto íntegro se encontra na Oficina Xudicial desta sección terceira sita en Pontevedra, rúa Rosalía de Castro nº 5-2, a disposición das partes.

Para que conste e lle sirva de notificación a Ricardo Prugnoli Cobgas, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto.

Pontevedra, 11 de maio de 2015

O secretario xudicial