Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21711

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4675/2013-RJ).

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primera da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4675/2013 desta sección, seguido por instancia de Mutua Asepeyo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Grupo Construnor Estructuras, S.L., Jesús Morado Cao, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da Mutua Asepeyo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ferrol de data 27 de febreiro de 2013, en proceso sobre incapacidade, promovido por Jesús Morado Cao, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo e outra, debemos confirmar e confirmamos a dita resolución. Procede impor as custas do recurso á Mutua Asepeyo e que comprenderán os honorarios do letrado impugnante do seu recurso por importe de 601 euros.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Construnor Estructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de maio de 2015

A secretaria xudicial