Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21396

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (274/2014).

Execución de títulos xudiciais 274/2014

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 75/2014

Sobre despedimento

Demandante: Covadonga Marín Durán

Avogado: Antonio Francisco Millán Calenti

Demandada: Mr Gold, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 274/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Covadonga Marín Durán contra Mr Gold, S.L. sobre despedimento, se ditou auto con data do 7 de maio de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño:

Denegar a execución solicitada por Covadonga Marín Durán, por no terse cumprido o requirimento realizado no seu día por este xulgado, respecto á emenda dos requisitos e presupostos legais, necesarios para proceder ao despacho de execución ao non se corresponder o título executivo coa demanda executiva, dándose trasladado á parte executante para a emenda requirida.

Arquivar os autos, unha vez que sexa firme a presente resolución, logo da desagregación dos documentos presentados, dándose de baixa nos libros correspondentes.

Expídase certificación desta resolución, que quedará unida ás actuacións, e lévese o seu orixinal ao libro de resolucións definitivas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da LXS).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Mr Gold, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015

A secretaria xudicial