Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21398

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (121/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 121/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Caneda Rendo e Domingo Rivadas Pardo contra Hermanos Seoane, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou sentenza nº 150, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 7 de maio de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos nº 121/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Domingo Rivadas Pardo e Francisco Javier Caneda Rendo, asistidos e representados polo letrado Miguel Blanco Pérez, contra Hermanos Seoane, S.L., que non comparece, e Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

(...)

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Hermanos Seoane, S.L. a aboar a Domingo Rivadas Pardo 5.154,63 euros e a Francisco Javier Caneda Rendo 3.954,24 euros, importes que se incrementarán cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015

A secretaria xudicial