Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21400

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (946/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 946/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Lorenzo Martis Santamaría contra Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A., e Nem Ord, e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a Sentenza 156 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015.

Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizos do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo 946/2014 seguidos por instancia de José Lorenzo Martíns Santamaría, asistida pola graduado social Sra. Mallo Nieves, contra a entidade Limpiezas Secope, S.A., a entidade Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., e a entidade Limpiezas Secope, S.A. e Nem Ord e contra Fogasa que non comparecen malia estaren debidamente citados, sobre despedimento obxectivo individual.

(…)

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de José Lorenzo Martíns Santamaría, asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves, contra a entidade Limpiezas Secope, S.A., a entidade Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., e a entidade Limpiezas Secope, S.A. e Nem Ord e contra Fogasa que non comparecen malia estaren debidamente citados e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada Limpiezas Secope, S.A., extinguindo a relación laboral na data da sentenza, e condeno as demandadas Limpiezas Secope, S.L., e Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., solidariamente, ao aboamento ao demandante da cantidade de 20.907,25 euros en concepto de indemnización (ao no ser posible a readmisión por peche da empresa).

Condeno as empresas demandadas Limpiezas Secope, S.L., e Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., solidariamente, a que lle aboen ao traballador a cantidade de 730 euros en concepto de falta de aviso previo.

Condeno as empresas demandadas Limpiezas Secope, S.L., e Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., solidariamente, a que lle aboen ao traballador o pagamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento (16.10.2014) na data da extinción da relación laboral que se produce no día de hoxe por medio desta sentenza a razón de 47,99 €/día, o que ascende á suma de 9.835,9 euros.

Debo absolver e abolvo a entidade Limpiezas Secope, S.A., e Nem Ord de todos os pedimentos efectuados na súa contra.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A.; Trabajos Obras y Servicios Urbanos, S.L.; Limpiezas Secope, S.A., e Nem Ord, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2015

A secretaria xudicial