Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21063

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2015 pola que se adxudican as axudas a organismos de investigación de Galicia para a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de investigación, convocadas pola Resolución do 13 de febreiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 36, do 23 de febreiro).

Mediante a Resolución da Axencia Galega de Innovación do 13 de febreiro de 2015 (DOG do 23 de febreiro) convocáronse as subvencións a organismos de investigación de Galicia para a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de investigación.

No seu artigo 16 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Valoración seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos nos artigos 13 e 14.

Na súa virtude e atendendo á proposta elaborada na sesión do 12 de maio de 2015 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 12 das bases da Resolución do 13 de febreiro de 2015, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de investigación que figuran como anexo a esta resolución.

2. O importe total das axudas concedidas é de 7.343.600,15 euros con cargo ás aplicacións orzamentarias que se recollen no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Ano 2015 (€)

Ano 2016 (€)

Ano 2017 (€)

Ano 2018 (€)

Total (€)

08.A3.561A.781.0

311.429,00

2.577.341,50

2.200.000,00

1.569.117,65

6.657.888,15

08.A3.561A.744.0

38.571,00

244.285,00

244.285,00

158.571,00

685.712,00

Total

350.000,00

2.821.626,50

2.444.285,00

1.727.688,65

7.343.600,15

3. Estas axudas están financiadas con cargo ao préstamo que a Administración xeral do Estado lle concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía e Industria para o desenvolvemento en Galicia da Estratexia española de innovación.

4. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 23 da resolución de convocatoria.

5. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 22 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no punto 2 do citado artigo.

6. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2015

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Relación de solicitudes concedidas

Código de expediente

Entidade beneficiaria

NIF

Integrantes unidade mixta

Denominación unidade mixta

%

medio subvención

Subvención (€)
Orzamento (€)

Ano 2015 (€)

Ano 2016

(€)

Ano 2017 (€)

Ano 2018 (€)

Total
(2015-2018)

Aplicación orzamentaria

IN853A 2015/01

UDC

Q6550005J

UDC
Navantia, S.A.

UMI UDC - NAVANTIA «O estaleiro do futuro»

30 %

Subvención

38.571,00

244.285,00

244.285,00

158.571,00

685.712,00

08.A3.561A.744.0

Orzamento UM

128.571,00

814.285,00

814.285,00

528.571,00

2.285.712,00

IN853A 2015/02

Aimen

G36606291

Aimen
Wartsila

Ibérica, S.A.

Desenvolvemento dunha nova xeración de compoñentes navais para a liña de eixes de buques. Next-bearings

30 %

Subvención

22.500,00

259.200,00

210.000,00

187.500,00

679.200,00

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

70.800,00

903.200,00

725.200,00

590.000,00

2.289.200,00

IN853A 2015/03

Gradiant

G36997229

Gradiant
TRC Informática, S.L.

Tecnoloxías para a seguridade

30 %

Subvención

19.679,00

236.133,00

210.820,00

141.731,00

608.363,00

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

43.229,60

694.066,00

696.732,00

598.969,00

2.032.996,60

IN853A 2015/04

Aimen

G36606291

Aimen
GKN

Driveline, S.A.

JOINTS 4.0: Fabricación sustentable de alto rendemento de novos compoñentes de transmisións

30 %

Subvención

27.900,00

342.000,00

247.600,00

218.429,00

835.929,00

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

86.415,00

1.122.200,00

871.760,00

706.054,00

2.786.429,00

IN853A 2015/05

Ctag

G36871424

Ctag
Viza Automoción, S.A.

Unidade mixta

VIZA-CTAG

30 %

Subvención

51.875,00

315.250,00

154.250,00

83.825,00

605.200,00

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

367.195,00

877.340,00

483.278,00

316.887,00

2.044.700,00

IN853A 2015/06

Aimen

G36606291

Aimen
Factorías Vulcano, S.A.

Desenvolvemento de tecnoloxías intelixentes e flexibles de alta produtividade para o sector da construción naval

30 %

Subvención

34.500,00

398.000,00

364.600,00

250.700,00

1.047.800,00

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

107.069,00

1.268.822,00

1.235.422,00

855.437,00

3.466.750,00

IN853A 2015/07

Anfaco-Cecopesca

G36625309

Anfaco-Cecopesca
Luis Calvo Sanz, S.A.
Conservera de Esteiro, S.A.U.

Unidade Mixta de Investigación ANFACO-CALVO (Smart Tuna Factory)

30 %

Subvención

2.475,00

236.658,50

305.105,00

171.341,50

715.580,00

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

10.725,00

729.426,50

801.623,55

877.250,68

2.419.025,73

IN853A 2015/08

Cetaqua Galicia

G70312020

Cetaqua Galicia
Viaqua, Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.

Centro de Innovación Galego de Sistemas Avanzados de Tratamentos de Auga, CITAG

30 %

Subvención

14.500,00

278.500,00

217.366,04

197.339,00

707.705,04

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

95.709,98

883.960,59

747.440,53

593.362,51

2.320.473,61

IN853A 2015/09

Ctag

G36871424

Ctag
PSA Peugeot Citroën

Unidade mixta

PSA-CTAG

30 %

Subvención

105.000,00

305.000,00

229.283,85

86.716,15

726.000,00

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

335.800,00

991.000,00

916.683,85

197.516,15

2.441.000,00

IN853A 2015/10

Fundación para a Investigación, Desenvolvemento

e Innovación

Ramón

Domínguez

G15796683

FRD
Roche

Farma, S.A.

Unidade mixta ROCHE-CHUS para oncoloxía de precisión

30 %

Subvención

33.000,00

206.600,00

260.975,11

231.536,00

732.111,11

08.A3.561A.781.0

Orzamento UM

327.762,74

831.096,33

699.535,44

609.741,31

2.468.135,82