Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21061

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

Dispoño:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2015

Provincia

Convenio

Importe total do convenio (€)

Data de sinatura

A Coruña

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sada para levar a cabo a adecuación da praza da igrexa nova

60.000,00

14.1.2015

A Coruña

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cee para a execución de actuacións de conservación na travesía de Ameixenda (AC-197) e o cambio de titularidade da estrada autonómica AC-197 a prol dese concello

-

9.3.2015

A Coruña

Convenio de colaboración técnica entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Lousame para a estabilización dun noiro na estrada AC-308 p.q. 14+400 marxe esquerda (me).

-

23.3.2015

Pontevedra

Addenda núm. 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas, o ente público Portos de Galicia e o Concello de Moaña para a continuación do paseo marítimo de Moaña ata o paseo da Xunqueira (tramo da Seara)

210.070,78

5.3.2015