Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20935

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (74/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 74/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Arca Vite contra a empresa Estructuras Abroeira, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión:

Que estimando integramente a demanda interposta por José Arca Vite contra Estructuras Abroeira, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.821,41 polos conceptos desagregados no feito probado quinto desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Estructuras Abroeira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2015

A secretaria xudicial