Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20936

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 93/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 93/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bertrand Pérez Peña contra Neo Energy Solutions, S.L., Raann Logisti, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, foron ditadas as seguintes resolucións:

«Auto

Maxistrada-xuíza

Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, catro de maio de dous mil quince.

Antecedentes de feito

Único. Manuel Bertrand Pérez Peña presentou escrito solicitando a execución da Sentenza 230/2013, do 28 de maio, e auto complementario desta do 13 de setembro de 2013, ditados no procedemento DSP 623/2012, parcialmente revogada por sentenza do 30 de xuño de 2014 ditada en suplicación pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contra Neo Energy Solutions, S.L., Raann Logisti, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Servicios de Ingenería y Montaje Alén, S.L.

Fundamentos de dereito

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e coa solicitude de execución presentada, a cantidade por que se despacha execución é de 12.801,24 euros de principal (en concepto de indemnización fixada polo TSX) e de 1.280,12 euros en concepto provisorio de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 LAC, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se producirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumpra na súa integridade a obriga, se se apreciar falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se debe aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprir na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución monetaria o aboamento dos xuros procesuais, se procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título tiver ficado constituído ou, segundo o caso, desde que a obriga declarada no título executivo for esixible, non se lle impoñerán as costas da execución que se tiveren pedio, en aplicación do establecido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. Establece o número 5 do artigo 237 da LXS, en redacción dada pola disposición derradeira 15ª da Lei 22/2003, do 9 de xullo (Lei concursal): “en caso de concurso, aplicarase o establecido na Lei concursal”. Pola súa vez, o art.8.3 da citada Lei concursal dispón que “a xurisdición do xuíz do concurso é exclusiva e excluínte nas seguintes materias: toda execución fronte aos bens e dereito de contido patrimonial do concursado, calquera que for o órgano que a tiver ordenado”. E conforme o artigo 55.1 da mesma Lei concursal, “Declarado o concurso, non poderán iniciarse execucións singulares, xudiciais ou extraxudiciais, nin seguirse constrinximentos administrativos ou tributarios contra o patrimonio do debedor”.

Sexto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, a secretaria xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos no citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Dispoño:

– Non procede despachar a execución interesada, por encontrarse a entidade executada Servicios de Ingeniería y Montaje Alén, S.L., en situación de concurso.

– Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Manuel Bertrand Pérez Peña contra Neo Energy Solutions, S.L., Raann Logisti, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, parte executada, polo importe de 12.801,24 euros de principal (en concepto de indemnización fixada polo TSX), máis outros 1.280,12 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada por medio de edictos, tendo en conta que se encontra en ignorado paradoiro, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co que fica a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta número 0049 3569 9200 0500 1274, indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial»

----------------------------------------------------------

«Decreto

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, catro de maio de dous mil quince.

Antecedentes de feito

Único. Nas presentes actuacións foi ditado auto de despacho de execución a favor de Manuel Bertrand Pérez Peña contra Neo Energy Solutions, S.L., Raann Logisti, S.L. pola cantidade de 12.801,24 euros de principal (en concepto de indemnización fixada polo TSX), máis outros 1.280,12 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, ditado o auto que contén a orde xeral de execución, a secretaria xudicial responsable desta ditará decreto en que se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens e as medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, ben como o requirimento de pagamento que deba facerse ao debedor nos casos que estableza a lei; ditándose de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir as executadas Neo Energy Solutions, S.L., Raann Logisti, S.L. co fin de que no prazo de 10 días aboen a cantidade de 12.801,24 euros de principal (en concepto de indemnización fixada polo TSX), máis outros 1.280,12 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0093 15), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, despois de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Neo Energy Solutions, S.L., Raann Logisti, S.L., co fin de que no prazo de 10 días manifesten relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, ben como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificaren, poderán ser sancionados, cando menos, por desobediencia grave, en caso de non presentaren a relación dos seus bens, incluíren nela bens que non sexan seus, excluíren bens propios susceptibles de embargo ou non desvelaren as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselles tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Tendo en conta que as entidades executadas se encontran en ignorado paradoiro, procede a práctica de requirimento mediante publicación das resolucións no DOG.

Modo de impugnación: Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 aberta no Banco Santander, S.A., indicando no campo do concepto a indicación “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Neo Energy Solutions,  .L., Raann Logisti, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

A secretaria xudicial