Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20933

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1092/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1092/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Mato González contra o Fondo de Garantía Salarial, Normas Baker, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza número 179/2015.

A Coruña, 28 de abril de 2015.

Decisión:

1º. Tense por desistida á parte demandante da súa acción de resolución do seu contrato de traballo.

2º. Estimo a demanda formulada pola demandante en materia de reclamación de cantidade e, en consecuencia, procede condenar a Normas Baker, S.L. a pagar á demandante a suma de 4.260,59 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causas seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Normas Baker, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de abril de 2015

A secretaria xudicial