Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20930

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1127/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1127/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Omar Costa Barcia contra o Fondo de Garantía Salarial, Albealia Restauración Coruña 2, S.L., sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 3.

A Coruña.

Reforzo.

Sentenza: 185/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1127/2014.

Demandante: Rubén Omar Costa Barcia.

Letrado: Sr. Vázquez Rivera.

Demandado: Albealia Restauración Coruña 2, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza 185/2015.

A Coruña, 6 de maio de 2015.

Resolve:

1º. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Rubén Omar Costa Barcia contra Albealia Restauración Coruña 2, S.L. e, en consecuencia, declarar a improcedencia do despedimento e condenar a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á escolla da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta disposición. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboarán as empresas demandadas de forma solidaria, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e se a empresa optar por ela, a cantidade de 2.943,19 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 38,40 euros/día.

3º. Estimar a pretensión sobre reclamación de cantidade formulada por Rubén Omar Costa Barcia contra Albealia Restauración Coruña 2, S.L. e, en consecuencia, condenar a segunda a aboar ao primeiro a cantidade de 4.340,60 euros en concepto de salarios debidos e non satisfeitos correspondentes aos meses de agosto e de setembro de 2014.

4º. O Fogasa deberá pasar polo decidido na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Albealia Restauración Coruña 2, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 6 de maio de 2015

A secretaria xudicial