Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20761

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Corcubión

EDICTO (62/2015).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse resolución, cuxos antecedentes de feito e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto nº 62/2015.

Xuíz/maxistrado xuíz.

Sr. Iván Barallobre Sánchez.

En Corcubión, sete de abril de dous mil quince.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O día 5 de xullo de 2013 o procurador Sr. Leis Espasandín presentou, en nome e representación de Manuel Amigo Blanco, escrito de solicitude de recoñecemento e execución en España da sentenza de divorcio ditada o día 31 de agosto de 1988, polo 2º Xulgado de Familia da Bisbarra de Niteroi (Río de Janeiro-Brasil) e no que foron partes Solainer de Assis e Manuel Amigo Blanco.

A esta solicitude acompañaba a documentación na que fundaba a súa petición, así como a tradución correspondente.

Segundo. Conferido o oportuno traslado ao representante do Ministerio Fiscal, este informou non opoñerse ao recoñecemento xudicial e execución daquela sentenza toda vez que se cumpran os requisitos exixidos pola LAC ao respecto, quedando os autos pendentes de ditar a presente resolución.

Da devandita solicitude deuse igualmente traslado á parte contraria, ás que se emprazou a través de comunicación edictal, tras o fracaso dos diferentes intentos de comunicación persoal.

Parte dispositiva.

Que, outorgando o exequátor solicitado, debo declarar e declaro a plena eficacia no ordenamento español e validez como firme e executoria da sentenza estranxeira de divorcio ditada o día 31 de agosto de 1988, polo 2º Xulgado de Familia da Bisbarra de Niteroi (Río de Janeiro-Brasil) e no que foron partes Solainer de Assis e Manuel Amigo Blanco.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, con indicación de que esta non é firme, senón que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña.

Líbrese testemuño da resolución ao Rexistro Civil Central para os efectos oportunos.

Así o acorda, manda e asina,

Iván Barallobre Sánchez, xuíz do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Corcubión e o seu partido xudicial». (Asinado).

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Solainer de Assis, esténdese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Corcubión, 24 de abril de 2015

A secretaria xudicial