Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto, para a contratación dun servizo para a publicación de contidos web e a xestión da presenza nas redes sociais desta secretaría.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Secretaría Xeral da Igualdade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Técnico-Administrativa e Orzamentaria.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral da Igualdade.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono de información: 981 54 53 61/981 54 53 71.

5º. Fax: 981 95 76 90.

6º. Correo electrónico: xestion.igualdade@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22476

8º. Data límite da obtención da documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 1/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo para a publicación de contidos web e a xestión da presenza nas redes sociais da Secretaría Xeral da Igualdade.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución: un ano.

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 44.297,52 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 22.148,76 €.

Importe total: 26.800,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos da empresa contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra f) da cláusula 8.1.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados nas letras g) e h) da cláusula 8.1.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, a empresa licitadora deberá xustificar a data e hora de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telegrama, burofax ou correo electrónico no mesmo día (fax: 981 95 76 90, correo electrónico: xestion.igualdade@xunta.es) .

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Enderezo: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal a empresa licitadora estará obrigada a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: o lugar, a data e a hora indicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta da empresa adxudicataria do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2015

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade