Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20434

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (88/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 88/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Andrade García contra o Fondo de Garantía Salarial, Século XXI A.E., S.L. sobre reclamación de cantidade –procedemento ordinario–, ditouse sentenza, cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por María del Carmen Andrade García, contra a entidade Século XXI A.E., S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Século XXI A.E., S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 2.646,88 euros líquidos por salario percibidos entre agosto e outubro de 2013, así como 2.784,19 euros brutos por salarios de novembro e liquidación da relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación perante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Século XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 4 de maio de 2015

A secretaria xudicial