Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (151/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 151/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Moncho Fuentefría Construcciones, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou decisión na resolución dos presentes autos:

«Decido

Que se estima a demanda formulada pola Fundación Laboral da Construcción fronte á empresa Moncho Fuentefría Construcciones, S.L. e, en consecuencia, se condena a parte demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 813,54 euros en concepto de principal e recarga por mora.

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Moncho Fuentefría Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de maio de 2015

A secretaria xudicial