Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1236/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1236/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Washintong Omar Berti Maidana contra a empresa Jubean Constructora, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Na cidade da Coruña, 30 de abril de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Washington Omar Berti Maidana, que comparece asistido do letrado Sr. Nogueira Esmorís, e doutra como demandado Jubean Constructora, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma, e Fondo de Garantía Salarial, Fogasa, que comparece representado pola letrada Sra. Roda Prosper Montalván.

Decido:

Que estimando a demanda interposta polo demandante Washington Omar Berti Maidana, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Jubean Constructora, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.234,48 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe polo maxistrado xuíz se deposita na secretaria deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jubean Constructora, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 4 de maio de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial