Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 25 de maio de 2015 Páx. 20435

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (184/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 184/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Coira Lorenzo contra Construcciones Rafra, S.L. sobre despedimento, se ditaron auto con data do 9 de setembro de 2014 e decreto con data do 21 de abril de 2015, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Decido:

Debo declarar e declaro extinguida a relación laboral existente entre o executante Manuel Coira Lorenzo e a mercantil Construcciones Rafra, S.L. a día de hoxe (9.9.2014), condenando a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 26.956,84 euros en concepto de indemnización e a aboar a cantidade de 11.362,58 euros en concepto de salarios de tramitación percibidos desde a data da sentenza (16.6.2014) ata o día de hoxe (194 días), calculados a razón de 58,57 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta cabe recurso de suplicación no termo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

En orde a dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Manuel Coira Lorenzo e o Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días, poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada, e en caso contrario, declararase a insolvencia desta.

Despois de ser devolto sen cumprir o exhorto, remitido ao Xulgado Decano de Padrón, acordouse notificar a empresa demandada por medio de edictos publicados no Diario Oficial de Galicia.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 186 da LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 5076 aberta en Banco Santander, debendo indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “código 31 Social-Revisión”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Rafra SL, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

A secretaria xudicial